martes, 18 de abril de 2017

ASCENSO FASCISMO E NACISMO AO PODER




Despois de ver o documental contest
a) Que factores favoreceron o ascenso de Mussolini ao poder
b) Que factores favoreceron o ascenso de Hitler ao poder

lunes, 17 de abril de 2017

CARTAS DENDE O FRENTE

Como outros anos xa chegaron  as nosas cartas: soldados, franceses, ingleses,  rusos ou alemán contan as súas angustias e preocupacións dende as trincheiras;  esposas, nais, irmáns deixan ver os seu medos, as esperanzas e tamén as novidades da retagarda. Para ler máis pincha abaixo



                                                    Essen (Alemaña) 29 de decembro de 1916
  Querido fillo:
  Teño unha mestura de sensacións ao ler a túa carta que non son quen de explicar: alegría ao ter noticias túas, tristeza ao ver que perdín ao meu irmán Adelfried e un medo terrible a que che pase o mesmo a ti. Só o feito de imaxinar o corpo sen vida do meu irmanciño empapado, rodeado de ratas e piollos,dáme arrepío.
  Disme que esperas que eu teña mellores noticias que darche pero aquí tampouco estamos moi ben. Esta casa pese o seu reducido tamaño, fáiseme demasiado grande e fría ao estar sós teu avó e eu. Él cada día está peor. As colleitas de patacas estanse a perder e tentamos combatir a fame comendo nabos, mais estes non nos alimentan do mesmo xeito.Tampouco temos carbón para poder quentarnos neste frío inverno. Todo isto estalle causando a teu avó a perda das poucas forzas que tiña. Eu comecei a traballar na fábrica de armamentos Krupp. Alí fixen moi boas migas cunha muller máis ou menos da miña idade. Chámase Dagna e xa leva bastante tempo na fábrica polo que me axuda moito. Estou moi preocupada por ela porque ultimamente ten unhas manchas de cor amarela na pel e non respira con normalidade.
  Por aquí a radio e o periódico dan conta das vosa situación na fronte. De feito nestes últimos meses informaban da batalla do Somme, da que ti tamén me falas na túa carta.Neste sobre mándoche a única foto que teño, para que lembres que sempre estou ao teu carón. Todas as noites rezo e rezarei para que volvas á casa san. Non quero que se derrame máis sangue do meu sangue nesas malditas trincheiras.
Escríbeme de novo en canto poidas. Un bico enorme e apertas da túa nai.

viernes, 3 de febrero de 2017

CARTAS DENDE O FRENTE

Agora que xa sabemos moitas cousas sobre a primeira guerra Mundial imos imaxinar que somos un soldado do fronte, unha mullar na retaguardia, unha nai, pai, irmá... dun soldado do fronte, podedes ser de Francia, Inglaterra, Alemaña, Rusia...
Ponte dacordo cun compañeiro ou unha compañeira, escolle un rol e escríbelle unha carta. Procura que a carta sexa creible, que recolla vivencias, feitos da guerra no fronte e na retaguardia (se recolles algún feito concreto terá máis verosimilitude). Recorda que se a a carta vai polo conduto oficial  hai cousas que poden ser censuradas. Ten en conta tamén o estilo, vocabulario e costumes da época que non son as mesmas que as de hoxe.
Consulta a páxina sobre a Primeira Guerra Mundial do periódico o Mundo, onde atoparás información interesante e cartas auténticas. Fíxate sobre todo na sección de vivencias (nos tres primeiros apartados) ou na de imprescindibles (ver detalles e curiosidades). 


Se precisas máis fíxate como o fixeron outros anos: pincha aquí 

Podes ver este pequeno documental (e outros mesmo  neste blog).