lunes, 14 de noviembre de 2011

ACTIVIDADES

Le o documento e contesta.

Decreto da Asemblea Nacional. 4-VIII-1789


Art. 1 A Asemblea Nacional suprime completamente o réxime feudal e decreta que os dereitos e deberes, tanto feudais cimo censuais (…) e a servidume persoal (…) son abolidos sen indemnización.
Art 2. O dereito exclusivo de pombais pequenos e grandes é abolido; as pombas serán encerradas en épocas fixas polas comunidades e durante ese tempo serán consideradas como caza e cada un terá o dereito de matalas sobre o terreo.
Art 4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización.
Art. 5 Os décimos de calquera clase (…) serán abolidos.

a)   Explica en que situación se aproba este documento.
b)  Fíxate nos documentos anteriores: que grupo social quedou máis satisfeito coa aprobacións deste decreto? por que?.
c)   A que grupo social afectou negativamente? por que?


viernes, 11 de noviembre de 2011

CAUSAS REVOLUCIÓN FRANCESA

ACTIVIDADES

Le o documento e contesta ás preguntas. Repasa que eran o señorios e como estaba organizaa a sociedade no antigo Réxime

Caderno de queixas dos campesiños de Guyancourt. 1789

1-. Que todos os impostos sexan pagados polas tres ordes, sen ningunha excepción, cada un segundo as súas posibilidades económicas.
3-. Supresión total de todas as taxas e impostos.
4-. Exención de impostos para todas as feiras e mercados e abolición de todas as peaxes.
5-. Supresión de toda clase de décimo en especie.
7-. Destrucción dos paxaros, que fan moito mal tanto no tempo da sementeira como no da colleita.
8-. Que se aplique a xustiza con máis rapidez e menos parcialidade.
10-. Abolición total das corveas, sexan da clase que sexan.

a)   Que piden os campesiños de Guyancourt? Cres que o resto dos campesiños de Francia querían o mesmo?
b)  Quen pagaba os impostos no Antigo Réxime?
c)    Que é o décimo?
d)  Que son as corveas?
e)   Por que cres que a xustiza era parcial?
f)    Por que piden que se destrúan os paxaros?, por que non os cazan eles?.
g)   Quen se opoñería a estas peticións? por que?.