jueves, 26 de enero de 2012

O TRABALLO NA FÁBRICA


Despois de ver este fragmento da película DAENS dirixida por Stjin Coninx contesta ás preguntas


O TRABALLO NA FÁBRICA
De que é a fábrica que aparece na película?
Por que na fábrica traballan sobre todo mulleres e nenos?
Por que despiden a unha rapaza? Que lle pasa ó neno que a intenta axudar? Sabes si eso era frecuente nas fábricas da época?
Le a información sobre o traballo infantil que tes no libro na páxina 80: cres que describen unhas condicións parecidas ás da fábrica?

A REUNIÓN
Quen son os homes que están nesa reunión? De que falan?
Que vantaxa ven eles en que traballen mulleres e nenos?
Que ideas propeñen para saír da crise?
Están todos de acordo ou hai algún que discrepe? Cales son os seus argumentos?

O ACCIDENTE
Por que cres que se produce o accidente?
Como reaccionan as obreiras?
Como cres que acabará a última escena?

lunes, 23 de enero de 2012

Estampas da Burguesía

Despois de ves estes videos e de ler a información da páxina 72 libro escribe, a modo de diario, unha xornada na vida dun burgés do século XIX. Escolle si es home ou muller, o traballo, a cidade na que vive, etc
Podes consultar
http://www.claseshistoria.com/movimientossociales/burguesia.htm

viernes, 13 de enero de 2012

NOVAS FORMAS DE ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

Despois de ver a imaxes contesta a estas preguntas
Como se chama o modelo de organización de traballo que ves nestas imaxes?
En que consistía?
Que consecuencias tivo para...
         a producción?
         os propietarios da industria?
         os traballadoress da industria?
Que outros elementos característicos da segunda fase da revolución industrial ves?




domingo, 1 de enero de 2012

O TRABALLO TRADICIONAL NO CAMPO


Contesta a estas preguntas
  • Que traballos podes ver no video? Con que ferramentas se realizan?
  • Hai moitos ou pocos traballadores? por que?
  • Que tipo de agricultura reflexan esta imaxes: anterios ou posterior á revolución industrial?, por que?. Indica algúnhas características deste tipo de agricultura
  • Cando e onde comezou a cambiar este modelo de agricultura?
  • Por que cres que fan esa “procesión”?