lunes, 27 de abril de 2015

martes, 7 de abril de 2015

LECTURAS

TÍTULO: SIN DESTINO
AUTOR: IMRE KERTÉSZ
Comentarios de Tania Forja e Cintia Iglesias de 1º BAC

lunes, 6 de abril de 2015

LECTURAS

TÍTULO: SIN DESTINO
AUTOR: IMRE KERTÉSZ

Sin destino trasládanos á Hungría de 1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación completamente nova para el.
Ata aquí Sin destino semella unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe de Gyürgy Küves, pero o que chama a atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista. Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que estivo era o de ser un bo preso.
Ao longo da obra vamos vendo a realidade dos campos con todo tipo de detalle, e como o azar alí podía salvarche a vida ou mandarte a unha morte segura. Vemos tamén como o noso protagonista vai cambiando tanto física como mentalmente. O paso dos días, as malas condicións, a falta de alimentos e de descanso, o traballo esgotador... eran os factores claves para o declive de calquera ser humano que alí vivise ou máis ben sobrevivise.
No campo mental, o protagonista pasou de ser un inmaturo adolescente, o cal vivía indiferente ao que pasaba ao seu redor; a ser, en tan só un ano que viviu alí, un rapaz cunha madurez impropia para a súa idade. Co cal nesta obra, podemos ir vendo unha evolución a pasos axigantados dun rapaz ao que a súa vida mudou de forma radical nun, como xa dixen, curto período de tempo.
Así e todo, Imre mostra neste libro unha positividade impropia de libros como estes, nos cales, a veces, mesmo priman máis os feitos que os sentimentos dos personaxes. Baixo o meu punto de vista, en Sin destino os feitos son contados e os sentimentos mostrados sen ningún tipo de censura, e somos partícipes do que o protagonista ve, sinte e pensa en todo momento.

Coido que todo aquel que estea agora a ler isto debería buscar este libro na súa biblioteca e deixarse somerxer nunha das múltiples historias vividas durante o holocausto. Que se agarre forte as mans de Gyürgy e viaxen no tempo para vivir, case en primeira persoa, o que alí sucedeu.

Tania Forja. 1º BAC

Se queres máis información sobre o libro pincha aquí
Para saber máis sobre o tema podes consultar o blog da biblioteca onde poderás atopar enlaces a páxinas web, libros e películas sobre o holocausto