lunes, 29 de abril de 2013

HOLOCAUSTO



Na páxina do profesor Juan Carlos Doncel páxina tes unha explicación sinxela e clara sobre os campos de concentración e de extermino nazis. Ó final desta páxina tes unha serie de enlaces a pequenos reportaxes con testemuños de sobrevivintes, como o que abre esta entrada, ou sobre o funcionamento dos campos. Ollo!! Algúns teñen imaxes moi duras

Podes consultar tamén a páxina de  Clasehistoria sobre o nazismo e a sobre a súa actuación no campo ideolóxico  (Sigue o enlace pero, OLLO! non te quede coa primeira información, busca no índice da páxina, nos apéndices, etc

Consulta Enciclopedia do Holocausto   do United States memorial Holocaust Museum. Podes ir directamente ao apartado para estudiantes no que atoparás artigos sinxelos  tocan os temas fundamentais de xeito conciso e claro



1-.Busca información sobre o racismo e o antisemitsmo alemán.
 ¿É o antisemitismo un fenómeno exclusivamente do nazismo? ¿Que peculiaridades ten o antisemitismo nazi?
2-.Indica que medidas se tomaron contra os Xudeus antes de aplicar a "Solución Final" ¿Por que cres que a política antisemita se aplicou de forma paulatina?
3-. ¿Que medidas adoptaron contra os xudeus ao iniciarse a guerra?  ¿Que eran os Guetos? ¿que funcións tiñan?
4-. ¿A que chamaban os nazis "Solución final"? Ademais dos campos de exterminos ¿Que outros medios utilizaron para levala a cabo? ¿onde?
5-. Explica a diferencia entre Campo de Concentración e Campo de Exterminio. ¿Cando se poñen en fucionamento os campos de concentración ¿Cando comenzan a funcionar os primeiros Campos de Exterminio?
6-. As victimas dos campos de exterminio
a)    ¿A que grupo social, nacional ou étnico pertenecián as víctimas dos campos? ¿Foron unicamente xudeus ou tamén afectou a outros grupos ¿Cal foi o grupo máis afectado? Indica cifras
b) Todas as victimas foron asasinada en campos de exterminio ou utilzaron os nazis outro procedementos? ¿Cales? ¿Cando e onde? 
7-. ¿Que é un xenocidio? ¿A que chamamos "Holocausto"?
8-. ¿Cres que rematou o antisemitismo coa derrota do nazismo?


Para saber máis podes ir a 
http://biblodiazcastro.blogspot.com/search/label/HOLOCAUSTO 
onde atoparas direccións de páxinas WEB de calidade que tratan o tema, recomendacións de libros e películas

Na biblioteca tes varias novelas, sobre o tema, dende O Neno co pixama a raias, El Lector, La llave de Sara, Sin destino… Tamén tes varias pelis: La vida es bella, El pianista…. E por suposto a imprescindible a Lista de Schindler. Para os que teñades moito interés SOAH de Claude Lanzman (Ollo, no é ficción, dura, moi longa pero impactante)





viernes, 26 de abril de 2013

HIROSHIMA E NAGASAKI

A bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki
Le os socumentos A e C da páxina 198
  1. Por que se usa a bomba atómica segundo o documento 18? Con que argumentos xustifica o seu uso? Quen é o autor deste documento? Cres que é unha fonte moi obxectiva? Por que?
  2. Segundo o autor do documento 20 cales forn as razóns para usar a bomba? Con que argumentos defende a súa afirmación?
  3. Investiga que efectos tivo o uso desta nova arma.
  4. Despois de consultar as seguintes páxinas Redacta un breve informe no que expoñas o teu punto de vista sobre o bombardeo atómico. No informe debes tratar os seguintes asuntos: efectos do bombardeo, razóns para usar a bomba, se había outras alternativas para forzar a rendición de Xapón, consecuencias na relacion coa URSS
Para facer o exercico  segue estes enlaces
http://www.exordio.com/1939-1945/militaris/armamento/bombasAtomicas2.html
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/newsid_4741000/4741397.stm


jueves, 25 de abril de 2013

SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

A guerra en Europa

Se queres ver maís podes ir a:
https://www.youtube.com/watch?v=3ZqQflgPL60&list=PL184BEABC05AAA76B
Tes unha ampla colección de viseos que explica con detalle sobre mapa a evolución da Guerra




jueves, 18 de abril de 2013

Lecturas voluntarias

Titulo: Matar a un ruiseñor
Autora: Harper Lee
Editorial: Zeta Bolsillo

La obra transcurre en 1935, en un pueblo del sur de Estados Unidos, en Alabama. La historia se cuenta desde el punto de vista un niña des años, Scout, hermana menor de Jeremy. Huérfanos de madre e hijos de Atticus, un abogado. Una noche le piden a Atticus que defienda el caso de un hombre negro, Tom Robinson, que era acusado de violar a una joven blanca llamada Mayella Ewell.  El abogado acepta sin tener en cuenta en que situación pone a su familia que empieza a sufrir las consecuencias del acto que cometió su padre, no juzgado como algo malo en la actualidad,  pero sí en aquellos tiempos donde el ambiente era muy racista. Toda la gente del pueblo da la espalda a la familia y habla del tema diciendo que Tom era culpable ya sólo por ser de color negro. Atticus sigue luchando por defender sus principios y por hacer justicia.
         El personaje más interesante e importante me parece el padre de los niños,  Atticus. Podemos ver a lo largo de la novela como Atticus es un padre ejemplar que llora en silencio la ausencia de su mujer, de buen corazón, un buen abogado que no abandona sus principios  y un ciudadano honesto, a la vez de una persona pacífica y tolerante, alejado del ambiente racista que se respiraba en los Estados Unidos en los primeros años del siglo pasado.
         La obra fue escrita en el comienzo de una década que revolucionó las relaciones sociales del país gracias al surgimiento del movimiento de los derechos civiles. Una batalla contra la discriminación racial y por el voto afroamericano en los estados del sur desde mitad de la década de los 50, pero cobró relevancia nacional con sentadas, protestas, marchas y líderes como Martin Luther King a mediados de los 60. El libro apareció cuando aún había muchos tabúes e ideas contrarias de una mayoría blanca que conocía lo que pasaba en el sur del país, donde el linchamiento de negros llegó a ser una afición, y convivían con ello. No conocía muchos datos sobre este tema por lo que el libro sí que me mejoró mis conocimientos sobre la época, tuve que mirar en varios blogs para poder enterarme un poco más.

Este libro es uno de los mejores que he leído y considero que sería una buena lectura obligatoria. A pesar de no ser un libro corto, la lectura se hace muy amena, engancha desde el primer minuto.  Sólo por el tema del que se trata en la obra y la influencia que tuvo en la época considero que debería ser leída. Un gran libro.
LUCÍA ROCA 4º A

viernes, 5 de abril de 2013

NAZISMO

As grandes concentracións de masas “hipnotizadas” polo discurso do líder , nun ambiente de nacionalismo exaltado, con símbolos estandarte foron un elemento importante na propaganda nazi.  O nazismo utilizou con habilidade os novos medios de comunicación como a radio e o cine para ampliar a repercusión destes actos, que se gravaban e retransmitían a todo o pais pola radio e despois se podían ver no cine. Neste vídeo tes un podes ver e escoitar un discursos de Hitler nesas concentracións

Preme aquí para ver o video




lunes, 1 de abril de 2013

CRISE 29

Explica a crise do 29 seguindo o mapa conceptual