viernes, 13 de enero de 2012

NOVAS FORMAS DE ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

Despois de ver a imaxes contesta a estas preguntas
Como se chama o modelo de organización de traballo que ves nestas imaxes?
En que consistía?
Que consecuencias tivo para...
         a producción?
         os propietarios da industria?
         os traballadoress da industria?
Que outros elementos característicos da segunda fase da revolución industrial ves?




1 comentario:

  1. Amanda Garcia Lorenzo22 de enero de 2012, 10:57

    O modelo de organización do traballo denomínase FABRICACIÓN EN SERIE ou EN CADEAS DE MONTAXE, que consistía en que cada obreiro permanecía sempre no mesmo posto de traballo e realizando sempre a mesma tarefa sobre unha peza que lle ia chegando sobre unha cinta transportadora. Este novo sistema aumentou a produtividade e ao mesmo tempo axilizou a producción, xa que permitía fabricar o produto moito más rápido, para os propietarios da industria tamén resultou beneficioso xa que ao aumentar a produtividade as ganancia tamén se incrementaban, e coa especialización do traballo que cada traballador adquiría no seu posto o produto era de maios calidade e había máis ganancias. Para os traballadores da indutria isto a priori non resultou beneficioso xa que en contraste cos pequenos talleres artesanais o seu traballo endurecéuse, aumentou a xornada labolar o salario disminuiu, excepto da industria Ford que pagaba altos soldos aos seus traballadores e facilitaballes as condicións de vida para incentivar o seu interese.
    Nas imaxes tamén se ven outros elementos característicos da segunda revolución industrial como a aparición de novos secctores industriais como o do transporte(Ford) e o uso de novas fontes de enerxía como o petróleo ou a electricidade. Na industria Ford tamén se emprega o modelo de producción antes mencionado, producción en cadea ou neste caso "fordismo". Henry Ford pretendía con isto aumentar a produtividade e axilizar, con isto precisaríanse menos traballadores, habería menos soldos que pagar e aumentarían considerablemente as ganancias. É de este sistema de fabricación que naceu na segunda revolución industrial do que naceu o sistema que ahora temos, e que permite contar con industrias de grande repercusión e alcance mundial. Para entón a producción en cadea fixo posible a "masiva" fabricación de automóbiles e a aparición de outras novas industrias que melloraron o nivel de vida de entón.

    ResponderEliminar