lunes, 14 de enero de 2019
lunes, 26 de noviembre de 2018
viernes, 9 de noviembre de 2018
ACTIVIDADES TEMA 6
PRIMEIRA GUERRRA MUNDIAL
1-. O CAMIÑO CARA
A GUERRA
Ø Actividade sobre as aCausas
o
Exercicios 1, 2, 3, 6
o
Exercicio 4 Fixándose únicamente
en
§ Francia/Alemaña
§ Inglaterra/Alemaña
§ Rusia/Austria-Hungría
§ Serbia/ Austria-Hungría
2- MAGNITUDE DO
CONFLICTO
2.1 A extensión xeográfica
Ø Exercicio 7: países de cada bando
Ø ¿Cal foi o desencadenante do conflicto?
Ø ¿Por que un conflicto entre Serbia e Austria-hungría acaba sendo un
conflicto mundial?
2.2-. A duración temporal
Ø Esquema por etapas
3-. AS NOVAS
FORMAS DE GUERRA
Ø Exercicios 10 e 11
Ø Vídeo sobre a Guerra e pregunta:
o
¿Qué características da Primeira
guerra ves no vídeo?
Ø Documento fotocopias sobre a crueldade da guerra nas trincheiras
4-. OS TRATADOS DE
PAZ
Ø Actividades 12 e 13
Ø Le o documento 18 e indica cales
deses puntos quedaron recollidos nos tratados de paz
5-. AS CONSECUENCIAS DA GUERRA
Ø Actividade 15
lunes, 15 de octubre de 2018
O TRABALLO NA FABRICA E A EXPLOTACIÓN LABORAL
DESPOIS DE VER O VÍDEO CONTESTA ÁS PREGUNTAS
PARA VER O VÍDEO PREME AQUÍ
TRABALLO NA
FÁBRICA E EXPLOTACIÓN LABORAL
O
TRABALLO NA FÁBRICA
Ø ¿De que é a fábrica que
aparece na película? ¿Que elementos característicos dos sistema fabril ves no vídeo?
Ø Por que na fábrica
traballan sobre todo mulleres e nenos?
Ø ¿Por que despiden a unha
rapaza? ¿Que lle pasa ó neno que a intenta axudar? ¿Sabes se iso era frecuente
nas fábricas da época?
Ø Le a información sobre o proletariado
que tes no libro na páxina 120-122. ¿cres que describen unhas condicións
parecidas ás da fábrica? Sinala as coincidencias
A
REUNIÓN
Ø ¿Quen son os homes que
están nesa reunión? De que falan?
Ø ¿Que vantaxe ven eles en
que traballen mulleres e nenos?
Ø ¿Que ideas propoñen para
saír da crise?
Ø ¿Están todos de acordo ou
hai algún que discrepe? ¿Cales son os seus argumentos?
O
ACCIDENTE
Ø ¿Por que cres que se
produce o accidente?
Ø ¿Como reaccionan as
obreiras?
Ø ¿Como cres que acabará a
última escena?
Ø ¿Que é unha folga?
Etiquetas:
Movemento Obreiro,
socie Tema 4,
sociedade de clases,
Tema 3
martes, 18 de abril de 2017
ASCENSO FASCISMO E NACISMO AO PODER
Despois de ver o documental
contest
a) Que factores favoreceron o ascenso de Mussolini ao poder
b) Que factores favoreceron o ascenso de Hitler ao poder
Etiquetas:
fascismo,
Nazismo,
Tema 9,
UNIDADE 10
lunes, 17 de abril de 2017
CARTAS DENDE O FRENTE
Como outros anos xa chegaron as nosas cartas: soldados, franceses, ingleses,
rusos ou alemán contan as súas angustias
e preocupacións dende as trincheiras; esposas,
nais, irmáns deixan ver os seu medos, as esperanzas e tamén as novidades da
retagarda. Para ler máis pincha abaixo
Essen (Alemaña) 29 de decembro de
1916
Querido
fillo:
Teño unha mestura de sensacións ao ler a túa carta que non
son quen de explicar: alegría ao ter noticias túas, tristeza ao ver que perdín
ao meu irmán Adelfried e un medo terrible a que che pase o mesmo a ti. Só o
feito de imaxinar o corpo sen vida do meu irmanciño empapado, rodeado de ratas
e piollos,dáme arrepío.
Disme que esperas que eu teña mellores noticias que darche
pero aquí tampouco estamos moi ben. Esta casa pese o seu reducido tamaño,
fáiseme demasiado grande e fría ao estar sós teu avó e eu. Él cada día está
peor. As colleitas de patacas estanse a perder e tentamos combatir a fame
comendo nabos, mais estes non nos alimentan do mesmo xeito.Tampouco temos
carbón para poder quentarnos neste frío inverno. Todo isto estalle causando a
teu avó a perda das poucas forzas que tiña. Eu comecei a traballar na fábrica
de armamentos Krupp. Alí fixen moi boas migas cunha muller máis ou menos da
miña idade. Chámase Dagna e xa leva bastante tempo na fábrica polo que me axuda
moito. Estou moi preocupada por ela porque ultimamente ten unhas manchas de cor
amarela na pel e non respira con normalidade.
Por aquí a radio e o periódico dan conta das vosa situación
na fronte. De feito nestes últimos meses informaban da batalla do Somme, da que
ti tamén me falas na túa carta.Neste sobre mándoche a única foto que teño, para
que lembres que sempre estou ao teu carón. Todas as noites rezo e rezarei para que
volvas á casa san. Non quero que se derrame máis sangue do meu sangue nesas
malditas trincheiras.
Escríbeme de novo en canto poidas. Un bico enorme e apertas da túa
nai.
viernes, 3 de febrero de 2017
CARTAS DENDE O FRENTE
Agora que xa sabemos
moitas cousas sobre a primeira guerra Mundial imos imaxinar que somos un
soldado do fronte, unha mullar na retaguardia, unha nai, pai, irmá... dun
soldado do fronte, podedes ser de Francia, Inglaterra, Alemaña, Rusia...
Ponte dacordo cun
compañeiro ou unha compañeira, escolle un rol e escríbelle unha carta. Procura
que a carta sexa creible, que recolla vivencias, feitos da guerra no fronte e
na retaguardia (se recolles algún feito concreto terá máis verosimilitude).
Recorda que se a a carta vai polo conduto oficial hai cousas que poden ser censuradas. Ten en
conta tamén o estilo, vocabulario e costumes da época que non son as mesmas que
as de hoxe.
Consulta a páxina sobre a Primeira Guerra Mundial do periódico o Mundo, onde atoparás información
interesante e cartas auténticas. Fíxate sobre todo na sección de vivencias (nos
tres primeiros apartados) ou na de imprescindibles (ver detalles e
curiosidades).
Se precisas máis fíxate
como o fixeron outros anos: pincha aquí
Podes ver este pequeno documental (e outros mesmo neste blog).
martes, 1 de noviembre de 2016
jueves, 11 de febrero de 2016
martes, 9 de febrero de 2016
1ª GUERRA MUNDIAL
Neste Vídeo do profesor José MaríaHercal tedes una boa explicación da Primeira Guerra Mundial. As suas causa,
desenvolveento e consecuencias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)