jueves, 1 de diciembre de 2011

CAMBIOS NO MAPA EUROPEO NO XIX

Fixate nos mapas e contesta ás preguntas

1. Indica as diferencias e semellanzas entre a unificación alemana e a a italiana.
2-. Compara o mapa de europa de inicios do século XIX  (páxina 68 libro) e o de inicios do século XX (páxina 98 libro)
·         Indica os nomes dos países sinalados cun número
·         Indica que países novos aparecen en Europa nese século
·         Indica que paises saíron beneficados e cales perxudicados dos cambios que se producen na zona dos Balcáns



lunes, 14 de noviembre de 2011

ACTIVIDADES

Le o documento e contesta.

Decreto da Asemblea Nacional. 4-VIII-1789


Art. 1 A Asemblea Nacional suprime completamente o réxime feudal e decreta que os dereitos e deberes, tanto feudais cimo censuais (…) e a servidume persoal (…) son abolidos sen indemnización.
Art 2. O dereito exclusivo de pombais pequenos e grandes é abolido; as pombas serán encerradas en épocas fixas polas comunidades e durante ese tempo serán consideradas como caza e cada un terá o dereito de matalas sobre o terreo.
Art 4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización.
Art. 5 Os décimos de calquera clase (…) serán abolidos.

a)   Explica en que situación se aproba este documento.
b)  Fíxate nos documentos anteriores: que grupo social quedou máis satisfeito coa aprobacións deste decreto? por que?.
c)   A que grupo social afectou negativamente? por que?


viernes, 11 de noviembre de 2011

CAUSAS REVOLUCIÓN FRANCESA

ACTIVIDADES

Le o documento e contesta ás preguntas. Repasa que eran o señorios e como estaba organizaa a sociedade no antigo Réxime

Caderno de queixas dos campesiños de Guyancourt. 1789

1-. Que todos os impostos sexan pagados polas tres ordes, sen ningunha excepción, cada un segundo as súas posibilidades económicas.
3-. Supresión total de todas as taxas e impostos.
4-. Exención de impostos para todas as feiras e mercados e abolición de todas as peaxes.
5-. Supresión de toda clase de décimo en especie.
7-. Destrucción dos paxaros, que fan moito mal tanto no tempo da sementeira como no da colleita.
8-. Que se aplique a xustiza con máis rapidez e menos parcialidade.
10-. Abolición total das corveas, sexan da clase que sexan.

a)   Que piden os campesiños de Guyancourt? Cres que o resto dos campesiños de Francia querían o mesmo?
b)  Quen pagaba os impostos no Antigo Réxime?
c)    Que é o décimo?
d)  Que son as corveas?
e)   Por que cres que a xustiza era parcial?
f)    Por que piden que se destrúan os paxaros?, por que non os cazan eles?.
g)   Quen se opoñería a estas peticións? por que?.

jueves, 6 de octubre de 2011

O ANTIGO RÉXIME


artehistoria.com

1-. Indica as principais característcas políticas, económicas, sociais e culturais do século XVIII segundo o video

miércoles, 5 de octubre de 2011

A INQUISICIÓN

Neste video tes unha explicación dos procedementos e métodos de investigación dos tribunais da Inquisición antes do século XVIII. Que opinas deles? Sería isto admisible hoxe en España?
Para saber máis da inquisición pincha aquí
No segundo video podes ver e escoitar…

jueves, 22 de septiembre de 2011

Aristocracia S XVIII

Fragmento da película Maria Antonieta dirixida por Sofia Coppola. Fíxate nos traxes, nas diversións, nas casa... da aristocracia francesa no século XVIII