Agora que xa sabemos
moitas cousas sobre a primeira guerra Mundial imos imaxinar que somos un
soldado do fronte, unha mullar na retaguardia, unha nai, pai, irmá... dun
soldado do fronte, podedes ser de Francia, Inglaterra, Alemaña, Rusia...
Ponte dacordo cun
compañeiro ou unha compañeira, escolle un rol e escríbelle unha carta. Procura
que a carta sexa creible, que recolla vivencias, feitos da guerra no fronte e
na retaguardia (se recolles algún feito concreto terá máis verosimilitude).
Recorda que se a a carta vai polo conduto oficial hai cousas que poden ser censuradas. Ten en
conta tamén o estilo, vocabulario e costumes da época que non son as mesmas que
as de hoxe.
Consulta a páxina sobre a Primeira Guerra Mundial do periódico o Mundo, onde atoparás información
interesante e cartas auténticas. Fíxate sobre todo na sección de vivencias (nos
tres primeiros apartados) ou na de imprescindibles (ver detalles e
curiosidades).
Se precisas máis fíxate
como o fixeron outros anos: pincha aquí
Podes ver este pequeno documental (e outros mesmo neste blog).
No hay comentarios:
Publicar un comentario