A
SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 10. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 10. Mostrar todas las entradas
miércoles, 15 de abril de 2020
martes, 28 de abril de 2015
martes, 7 de abril de 2015
LECTURAS
TÍTULO: SIN DESTINO
AUTOR: IMRE KERTÉSZ
Comentarios de Tania Forja e Cintia Iglesias de 1º BAC
Comentarios de Tania Forja e Cintia Iglesias de 1º BAC
Etiquetas:
antisemitimo,
Holocausto,
Lecturas,
Segunda Guerra Mundial,
Tema 10
lunes, 6 de abril de 2015
LECTURAS
TÍTULO:
SIN DESTINO
AUTOR:
IMRE KERTÉSZ
Sin
destino trasládanos á Hungría de
1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo
de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación
completamente nova para el.
Ata
aquí Sin destino semella
unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos
conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o
representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é
certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe
de Gyürgy Küves, pero o que chama a
atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista.
Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía
estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para
un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o
noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal
obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que
estivo era o de ser un bo preso.
Ao
longo da obra vamos vendo a realidade dos campos con todo tipo de
detalle, e como o azar alí podía salvarche a vida ou mandarte a
unha morte segura. Vemos tamén como o noso protagonista vai
cambiando tanto física como mentalmente. O paso dos días, as malas
condicións, a falta de alimentos e de descanso, o traballo
esgotador... eran os factores claves para o declive de calquera ser
humano que alí vivise ou máis ben sobrevivise.
No
campo mental, o protagonista pasou de ser un inmaturo adolescente, o
cal vivía indiferente ao que pasaba ao seu redor; a ser, en tan só
un ano que viviu alí, un rapaz cunha madurez impropia para a súa
idade. Co cal nesta obra, podemos ir vendo unha evolución a pasos
axigantados dun rapaz ao que a súa vida mudou de forma radical nun,
como xa dixen, curto período de tempo.
Así
e todo, Imre mostra neste libro unha positividade impropia de libros
como estes, nos cales, a veces, mesmo priman máis os feitos que os
sentimentos dos personaxes. Baixo o meu punto de vista, en Sin
destino os feitos son contados e os
sentimentos mostrados sen ningún tipo de censura, e somos partícipes
do que o protagonista ve, sinte e pensa en todo momento.
Coido
que todo aquel que estea agora a ler isto debería buscar este libro
na súa biblioteca e deixarse somerxer nunha das múltiples historias
vividas durante o holocausto. Que se agarre forte as mans de Gyürgy
e viaxen no tempo para vivir, case en primeira persoa, o que alí
sucedeu.
Tania Forja. 1º BAC
Se queres máis información sobre o libro pincha aquí
Para saber máis sobre o tema podes consultar o blog da biblioteca onde poderás atopar enlaces a páxinas web, libros e películas sobre o holocausto
Etiquetas:
antisemitimo,
Holocausto,
Lecturas,
Segunda Guerra Mundial,
Tema 10
lunes, 29 de abril de 2013
HOLOCAUSTO
Na páxina do profesor Juan Carlos Doncel páxina tes unha explicación sinxela e clara sobre os campos de concentración e de extermino nazis. Ó final desta páxina tes unha serie de enlaces a pequenos reportaxes con testemuños de sobrevivintes, como o que abre esta entrada, ou sobre o funcionamento dos campos. Ollo!! Algúns teñen imaxes moi duras
Podes consultar tamén a páxina de Clasehistoria sobre o nazismo e a sobre a súa actuación no campo ideolóxico (Sigue o enlace pero, OLLO! non te quede coa primeira información, busca no índice da páxina, nos apéndices, etc
Consulta Enciclopedia do Holocausto do United States memorial Holocaust Museum. Podes ir directamente ao apartado para estudiantes no que atoparás artigos sinxelos tocan os temas fundamentais de xeito conciso e claro

1-.Busca información sobre o racismo e o antisemitsmo alemán.
¿É o antisemitismo un fenómeno exclusivamente do nazismo? ¿Que peculiaridades ten o antisemitismo nazi?
2-.Indica que medidas se tomaron contra os Xudeus antes de aplicar a "Solución Final" ¿Por que cres que a política antisemita se aplicou de forma paulatina?
3-. ¿Que medidas adoptaron contra os xudeus ao iniciarse a guerra? ¿Que eran os Guetos? ¿que funcións tiñan?
4-. ¿A que chamaban os nazis "Solución final"? Ademais dos campos de exterminos ¿Que outros medios utilizaron para levala a cabo? ¿onde?
5-. Explica a diferencia entre Campo de Concentración e Campo de Exterminio. ¿Cando se poñen en fucionamento os campos de concentración ¿Cando comenzan a funcionar os primeiros Campos de Exterminio?
¿É o antisemitismo un fenómeno exclusivamente do nazismo? ¿Que peculiaridades ten o antisemitismo nazi?
2-.Indica que medidas se tomaron contra os Xudeus antes de aplicar a "Solución Final" ¿Por que cres que a política antisemita se aplicou de forma paulatina?
4-. ¿A que chamaban os nazis "Solución final"? Ademais dos campos de exterminos ¿Que outros medios utilizaron para levala a cabo? ¿onde?
5-. Explica a diferencia entre Campo de Concentración e Campo de Exterminio. ¿Cando se poñen en fucionamento os campos de concentración ¿Cando comenzan a funcionar os primeiros Campos de Exterminio?
6-. As victimas dos campos de exterminio
a) ¿A que grupo social, nacional ou étnico pertenecián as víctimas dos campos? ¿Foron unicamente xudeus ou tamén afectou a outros grupos ¿Cal foi o grupo máis afectado? Indica cifras
b) Todas as victimas foron asasinada en campos de exterminio ou utilzaron os nazis outro procedementos? ¿Cales? ¿Cando e onde?
7-. ¿Que é un xenocidio? ¿A que chamamos "Holocausto"?b) Todas as victimas foron asasinada en campos de exterminio ou utilzaron os nazis outro procedementos? ¿Cales? ¿Cando e onde?
8-. ¿Cres que rematou o antisemitismo coa derrota do nazismo?
Para saber máis podes ir a
http://biblodiazcastro.blogspot.com/search/label/HOLOCAUSTO
onde atoparas direccións de páxinas WEB de calidade que tratan o tema, recomendacións de libros e películas
Na biblioteca tes varias novelas, sobre o tema, dende O Neno co
pixama a raias, El Lector, La llave de Sara, Sin destino… Tamén tes varias pelis: La vida es
bella, El pianista…. E por suposto a imprescindible a Lista de Schindler. Para
os que teñades moito interés SOAH de Claude Lanzman (Ollo, no é ficción, dura, moi longa pero impactante)
Etiquetas:
antisemitimo,
Holocausto,
Nazismo,
Segunda Guerra Mundial,
Tema 10,
Tema 9
viernes, 26 de abril de 2013
HIROSHIMA E NAGASAKI
Le os socumentos A e C da páxina 198
- Por que se usa a bomba atómica segundo o documento 18? Con que argumentos xustifica o seu uso? Quen é o autor deste documento? Cres que é unha fonte moi obxectiva? Por que?
- Segundo o autor do documento 20 cales forn as razóns para usar a bomba? Con que argumentos defende a súa afirmación?
- Investiga que efectos tivo o uso desta nova arma.
- Despois de consultar as seguintes páxinas Redacta un breve informe no que expoñas o teu punto de vista sobre o bombardeo atómico. No informe debes tratar os seguintes asuntos: efectos do bombardeo, razóns para usar a bomba, se había outras alternativas para forzar a rendición de Xapón, consecuencias na relacion coa URSS
http://www.exordio.com/1939-1945/militaris/armamento/bombasAtomicas2.html
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/newsid_4741000/4741397.stm
Etiquetas:
armamento nuclear,
Segunda Guerra Mundial,
Tema 10
jueves, 25 de abril de 2013
SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
A guerra en Europa
Se queres ver maís podes ir a:
https://www.youtube.com/watch?v=3ZqQflgPL60&list=PL184BEABC05AAA76B
Tes unha ampla colección de viseos que explica con detalle sobre mapa a evolución da Guerra
Se queres ver maís podes ir a:
https://www.youtube.com/watch?v=3ZqQflgPL60&list=PL184BEABC05AAA76B
Tes unha ampla colección de viseos que explica con detalle sobre mapa a evolución da Guerra
Suscribirse a:
Entradas (Atom)