TÍTULO:
SIN DESTINO
AUTOR:
IMRE KERTÉSZ
Sin
destino trasládanos á Hungría de
1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo
de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación
completamente nova para el.
Ata
aquí Sin destino semella
unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos
conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o
representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é
certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe
de Gyürgy Küves, pero o que chama a
atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista.
Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía
estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para
un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o
noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal
obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que
estivo era o de ser un bo preso.
Ao
longo da obra vamos vendo a realidade dos campos con todo tipo de
detalle, e como o azar alí podía salvarche a vida ou mandarte a
unha morte segura. Vemos tamén como o noso protagonista vai
cambiando tanto física como mentalmente. O paso dos días, as malas
condicións, a falta de alimentos e de descanso, o traballo
esgotador... eran os factores claves para o declive de calquera ser
humano que alí vivise ou máis ben sobrevivise.
No
campo mental, o protagonista pasou de ser un inmaturo adolescente, o
cal vivía indiferente ao que pasaba ao seu redor; a ser, en tan só
un ano que viviu alí, un rapaz cunha madurez impropia para a súa
idade. Co cal nesta obra, podemos ir vendo unha evolución a pasos
axigantados dun rapaz ao que a súa vida mudou de forma radical nun,
como xa dixen, curto período de tempo.
Así
e todo, Imre mostra neste libro unha positividade impropia de libros
como estes, nos cales, a veces, mesmo priman máis os feitos que os
sentimentos dos personaxes. Baixo o meu punto de vista, en Sin
destino os feitos son contados e os
sentimentos mostrados sen ningún tipo de censura, e somos partícipes
do que o protagonista ve, sinte e pensa en todo momento.
Coido
que todo aquel que estea agora a ler isto debería buscar este libro
na súa biblioteca e deixarse somerxer nunha das múltiples historias
vividas durante o holocausto. Que se agarre forte as mans de Gyürgy
e viaxen no tempo para vivir, case en primeira persoa, o que alí
sucedeu.
Tania Forja. 1º BAC
Se queres máis información sobre o libro pincha aquí
Para saber máis sobre o tema podes consultar o blog da biblioteca onde poderás atopar enlaces a páxinas web, libros e películas sobre o holocausto
No hay comentarios:
Publicar un comentario