lunes, 29 de abril de 2013

HOLOCAUSTO



Na páxina do profesor Juan Carlos Doncel páxina tes unha explicación sinxela e clara sobre os campos de concentración e de extermino nazis. Ó final desta páxina tes unha serie de enlaces a pequenos reportaxes con testemuños de sobrevivintes, como o que abre esta entrada, ou sobre o funcionamento dos campos. Ollo!! Algúns teñen imaxes moi duras

Podes consultar tamén a páxina de  Clasehistoria sobre o nazismo e a sobre a súa actuación no campo ideolóxico  (Sigue o enlace pero, OLLO! non te quede coa primeira información, busca no índice da páxina, nos apéndices, etc

Consulta Enciclopedia do Holocausto   do United States memorial Holocaust Museum. Podes ir directamente ao apartado para estudiantes no que atoparás artigos sinxelos  tocan os temas fundamentais de xeito conciso e claro



1-.Busca información sobre o racismo e o antisemitsmo alemán.
 ¿É o antisemitismo un fenómeno exclusivamente do nazismo? ¿Que peculiaridades ten o antisemitismo nazi?
2-.Indica que medidas se tomaron contra os Xudeus antes de aplicar a "Solución Final" ¿Por que cres que a política antisemita se aplicou de forma paulatina?
3-. ¿Que medidas adoptaron contra os xudeus ao iniciarse a guerra?  ¿Que eran os Guetos? ¿que funcións tiñan?
4-. ¿A que chamaban os nazis "Solución final"? Ademais dos campos de exterminos ¿Que outros medios utilizaron para levala a cabo? ¿onde?
5-. Explica a diferencia entre Campo de Concentración e Campo de Exterminio. ¿Cando se poñen en fucionamento os campos de concentración ¿Cando comenzan a funcionar os primeiros Campos de Exterminio?
6-. As victimas dos campos de exterminio
a)    ¿A que grupo social, nacional ou étnico pertenecián as víctimas dos campos? ¿Foron unicamente xudeus ou tamén afectou a outros grupos ¿Cal foi o grupo máis afectado? Indica cifras
b) Todas as victimas foron asasinada en campos de exterminio ou utilzaron os nazis outro procedementos? ¿Cales? ¿Cando e onde? 
7-. ¿Que é un xenocidio? ¿A que chamamos "Holocausto"?
8-. ¿Cres que rematou o antisemitismo coa derrota do nazismo?


Para saber máis podes ir a 
http://biblodiazcastro.blogspot.com/search/label/HOLOCAUSTO 
onde atoparas direccións de páxinas WEB de calidade que tratan o tema, recomendacións de libros e películas

Na biblioteca tes varias novelas, sobre o tema, dende O Neno co pixama a raias, El Lector, La llave de Sara, Sin destino… Tamén tes varias pelis: La vida es bella, El pianista…. E por suposto a imprescindible a Lista de Schindler. Para os que teñades moito interés SOAH de Claude Lanzman (Ollo, no é ficción, dura, moi longa pero impactante)





No hay comentarios:

Publicar un comentario