martes, 1 de noviembre de 2016
jueves, 11 de febrero de 2016
martes, 9 de febrero de 2016
1ª GUERRA MUNDIAL
Neste Vídeo do profesor José MaríaHercal tedes una boa explicación da Primeira Guerra Mundial. As suas causa,
desenvolveento e consecuencias.
sábado, 30 de enero de 2016
FORDISMO
Contesta as preguntas despois de ver o vídeo
Cres que o sistema de Ford foi aplicado a outros sectores ademais do autobil?
Como afactou aos traballadores?
Etiquetas:
Fordismo,
Revolución Industrial,
Segunda Revolución Industrial,
Tema 8,
Unidade 1
martes, 28 de abril de 2015
lunes, 27 de abril de 2015
martes, 7 de abril de 2015
LECTURAS
TÍTULO: SIN DESTINO
AUTOR: IMRE KERTÉSZ
Comentarios de Tania Forja e Cintia Iglesias de 1º BAC
Comentarios de Tania Forja e Cintia Iglesias de 1º BAC
Etiquetas:
antisemitimo,
Holocausto,
Lecturas,
Segunda Guerra Mundial,
Tema 10
lunes, 6 de abril de 2015
LECTURAS
TÍTULO:
SIN DESTINO
AUTOR:
IMRE KERTÉSZ
Sin
destino trasládanos á Hungría de
1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo
de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación
completamente nova para el.
Ata
aquí Sin destino semella
unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos
conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o
representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é
certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe
de Gyürgy Küves, pero o que chama a
atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista.
Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía
estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para
un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o
noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal
obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que
estivo era o de ser un bo preso.
Ao
longo da obra vamos vendo a realidade dos campos con todo tipo de
detalle, e como o azar alí podía salvarche a vida ou mandarte a
unha morte segura. Vemos tamén como o noso protagonista vai
cambiando tanto física como mentalmente. O paso dos días, as malas
condicións, a falta de alimentos e de descanso, o traballo
esgotador... eran os factores claves para o declive de calquera ser
humano que alí vivise ou máis ben sobrevivise.
No
campo mental, o protagonista pasou de ser un inmaturo adolescente, o
cal vivía indiferente ao que pasaba ao seu redor; a ser, en tan só
un ano que viviu alí, un rapaz cunha madurez impropia para a súa
idade. Co cal nesta obra, podemos ir vendo unha evolución a pasos
axigantados dun rapaz ao que a súa vida mudou de forma radical nun,
como xa dixen, curto período de tempo.
Así
e todo, Imre mostra neste libro unha positividade impropia de libros
como estes, nos cales, a veces, mesmo priman máis os feitos que os
sentimentos dos personaxes. Baixo o meu punto de vista, en Sin
destino os feitos son contados e os
sentimentos mostrados sen ningún tipo de censura, e somos partícipes
do que o protagonista ve, sinte e pensa en todo momento.
Coido
que todo aquel que estea agora a ler isto debería buscar este libro
na súa biblioteca e deixarse somerxer nunha das múltiples historias
vividas durante o holocausto. Que se agarre forte as mans de Gyürgy
e viaxen no tempo para vivir, case en primeira persoa, o que alí
sucedeu.
Tania Forja. 1º BAC
Se queres máis información sobre o libro pincha aquí
Para saber máis sobre o tema podes consultar o blog da biblioteca onde poderás atopar enlaces a páxinas web, libros e películas sobre o holocausto
Etiquetas:
antisemitimo,
Holocausto,
Lecturas,
Segunda Guerra Mundial,
Tema 10
lunes, 23 de marzo de 2015
NEW DEAL
Despois de ler o libro e ver o vídeo contesta ás preguntas
- ¿Cando foi elexido Roosevelt? ¿De que partido era?
- Na década dos trinta había novas formas de achegarse aos electores, cal usa Roosvelt? ¿Coñeces outro réximen político desta época que usara tamén con gran éxito os novos medios de comunicación? ¿Que vantaxes tiñan sobre a prensa escrita?
- Sintetiza as principais propostas do New Deal
- ¿Que teórico da economía está detras das ideas aplicadas no New Deal? ¿En que coínciden?
- ¿Por que as primeiras medidas do New Deal se centran nos bancos e na bolsa?
- ¿Que medidas tomou para mellorar a situación dos campesiños? Que obxectivos perseguían?
- ¿Que novo problema xorde na agricultura? ¿Por que? ¿Que consecuencias ten?
- ¿Quen se opón ao New Deal? ¿Por que?
- ¿Que acontecemento pon fin ao paro obreiro a finais da década?
A GRAN DEPRESIÓN
Fíxate
nos vídeos. Jonh Ford en 1940 e baseada na nvela de J. Steinbeck
Que
elementos da Gran Depresión se ven reflexados nestas imaxes?
Por
que a crise afectou tanto aos campesiños?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)