sábado, 30 de enero de 2016

FORDISMO

Contesta as preguntas despois de ver o vídeo






Que novidades aporta ford ao traballo nas fábricas? Que pretendía con isto? 
Cres que o sistema de Ford foi aplicado a outros sectores ademais do autobil?
Como afactou aos traballadores?

lunes, 27 de abril de 2015

martes, 7 de abril de 2015

LECTURAS

TÍTULO: SIN DESTINO
AUTOR: IMRE KERTÉSZ
Comentarios de Tania Forja e Cintia Iglesias de 1º BAC

lunes, 6 de abril de 2015

LECTURAS

TÍTULO: SIN DESTINO
AUTOR: IMRE KERTÉSZ

Sin destino trasládanos á Hungría de 1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación completamente nova para el.
Ata aquí Sin destino semella unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe de Gyürgy Küves, pero o que chama a atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista. Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que estivo era o de ser un bo preso.
Ao longo da obra vamos vendo a realidade dos campos con todo tipo de detalle, e como o azar alí podía salvarche a vida ou mandarte a unha morte segura. Vemos tamén como o noso protagonista vai cambiando tanto física como mentalmente. O paso dos días, as malas condicións, a falta de alimentos e de descanso, o traballo esgotador... eran os factores claves para o declive de calquera ser humano que alí vivise ou máis ben sobrevivise.
No campo mental, o protagonista pasou de ser un inmaturo adolescente, o cal vivía indiferente ao que pasaba ao seu redor; a ser, en tan só un ano que viviu alí, un rapaz cunha madurez impropia para a súa idade. Co cal nesta obra, podemos ir vendo unha evolución a pasos axigantados dun rapaz ao que a súa vida mudou de forma radical nun, como xa dixen, curto período de tempo.
Así e todo, Imre mostra neste libro unha positividade impropia de libros como estes, nos cales, a veces, mesmo priman máis os feitos que os sentimentos dos personaxes. Baixo o meu punto de vista, en Sin destino os feitos son contados e os sentimentos mostrados sen ningún tipo de censura, e somos partícipes do que o protagonista ve, sinte e pensa en todo momento.

Coido que todo aquel que estea agora a ler isto debería buscar este libro na súa biblioteca e deixarse somerxer nunha das múltiples historias vividas durante o holocausto. Que se agarre forte as mans de Gyürgy e viaxen no tempo para vivir, case en primeira persoa, o que alí sucedeu.

Tania Forja. 1º BAC

Se queres máis información sobre o libro pincha aquí
Para saber máis sobre o tema podes consultar o blog da biblioteca onde poderás atopar enlaces a páxinas web, libros e películas sobre o holocausto

lunes, 23 de marzo de 2015

NEW DEAL

Despois de ler o libro e ver o vídeo contesta ás preguntas
  • ¿Cando foi elexido Roosevelt? ¿De que partido era?
  • Na década dos trinta había novas formas de achegarse aos electores, cal usa Roosvelt? ¿Coñeces outro réximen político desta época que usara tamén con gran éxito os novos medios de comunicación? ¿Que vantaxes tiñan sobre a prensa escrita?
  • Sintetiza as principais propostas do New Deal
  • ¿Que teórico da economía está detras das ideas aplicadas no New Deal? ¿En que coínciden? 
  • ¿Por que as primeiras medidas do New Deal se centran nos bancos e na bolsa?
  • ¿Que medidas tomou para mellorar a situación dos campesiños? Que obxectivos perseguían?
  • ¿Que novo problema xorde na agricultura? ¿Por que? ¿Que consecuencias ten?
  • ¿Quen se opón ao New Deal? ¿Por que?
  • ¿Que acontecemento pon fin ao paro obreiro a finais da década?


A GRAN DEPRESIÓN

Fíxate nos vídeos. Jonh Ford en 1940 e baseada na nvela de J. Steinbeck

Que elementos da Gran Depresión se ven reflexados nestas imaxes?

Por que a crise afectou tanto aos campesiños?


martes, 17 de marzo de 2015

CRISE DO 29

CRISE DO 29 E GRAN DEPRESIÓN
El crack.1929 en Wall Street




jueves, 5 de marzo de 2015

LECTURAS

TÍTULO: La ladrona de libros
AUTOR: Markus Zusak

Liesel, unha nena de 9 anos é adoptada polos Hubermann, residentes nun pequeno pobo de Alemania. O que nun principio parecía que iba a ser una triste vida traballando, acabase convertendo nunha gran aventura. Coñecerá a Rudy, un fanático de Jesse Owen que se convertirá no seu mellor amigo e tamén a un refuxiado xudeu, Max co que entablará unha bonita amizace. Xuntos vivirán grandes aventuras.
Neste libro, basado na Segunda Guerra Mundial, Liesel coñecerá o gran corazón que as persoas poden chegar a ter e tamén o despreciables que poden a ser outras e a dureza e a bondade coa que poden actuar.
Historia narrada dende un punto de vista diferente, na “La ladrona de libros”  poderedes encontrar o verdadeiro significado da amizace sen barreiras, sen difencias e como con palabras, só con palabras podedes cambialo todo e conseguir o que queredes pois ao fin e a cabo o que nos convence a todos son as palabras, o que alguén nos poida decir ou prometer.


Raquel Hortas Ferreiro 1º Bac

lunes, 2 de marzo de 2015

CARTAS DENDE O FRENTE

Meterse na pel dos homes e mulleres que viviron A Gran Guerra. Isto foi a que fixemos de Historia de 1º de BAC en clase para escribir estas cartas entre soldados e as súas mulleres, noivas nais irmás. Aquí teses algunhas.

Querida Anna:
Creo que non vou ser capaz de soportar un día máis nestes paraxes deixados da man de deus onde cada vez importa menos quen eres, de onde ves e o que vaias facer. A semana pasada mataron a Mikhail, aquel do que che falara na última carta, non podo aguantar un día máis así; pensando en que podo ser o seguinte. O único que querría agora sería estar acurrucado na cama contigo. Temos un equipamento moi atrasado comparado cos alemáns, a cada bomba que lanzan unhas persoas menos... A veces pásaseme pola cabeza escapar, pero sería inútil, con este frío non chegarei só a ningures... O único que me queda é rezar a deus para pedirlle perdón do que farei e non me envíe ao inferno. Sinto ter que facer esto pero non teño outra solución, quería que o souperas.

Ata sempre o meu único amor.

Vladislav Kuznetsov
JULIAN ARIAS
Querido Vladislav:
Siento mucho la pérdida de tu amigo Mikhail, el cual supongo que te haría compañía en los largos días que pasais en las duras trincheras. Solo de pensar en el infierno por el que debes de estar pasando se me rompe el corazón. Rezo por ti y por tus amigos todas las noches y porque vuelvas pronto a casa, con los tuyos, donde te corresponde. Se que no estarás bien alimentado pero aquí ultimamente tampoco lo estamos, hace tanto frío que la carne y el pan que nos mandan están congelados, y Mamá y yo tenemos fuertes dolores de barriga por alimentarnos así, pero no hay más remedio... Sé que te está costando mucho aguantar, pero desde aquí te mando todas mis fuerzas y presiento que el final de la guerra está cerca. Estoy haciendo todas las contribuciones posibles y mi hermana Irina y yo intentamos ayudar a los vecinos pero los facturas se están acumulando y tenemos que intentar conseguir comida por otros medios, por lo que voy a buscar trabajo para intentar traer algo de dinero a casa porque mamá no está en condiciones de trabajar. Intenta abrigarte tanto como puedas, que el frío nunca es un buen aliado y sobre todo cuidate mucho, porque no me imagino que sería de mi si me faltas.
                                Tuiere y te espera:

                        Anna Kanaeva

ANITA VILELA